O obxecto da Sociedade é proxectar, construir, conservar e explotar, por ela mesma, por terceiras persoas ou en calidade de concesionaria, actuando por encargo do Consello da Xunta, en nome propio ou por conta e mandato da Xunta de Galicia, segundo os termos dos encargos e os mandatos de actuacións, toda clase de infraestruturas que a Xunta promova ou participe, e tamén os servizos que se poidan instalar ou desenvolver nas ditas infraestruturas.

A súa actividade comprende tamén, previa autorización do Consello da Xunta, a promoción e execución de actividades urbanísticas e inmobiliarias, adquisición e alleamento de toda clase de bens inmobles, xestión e realización das obras e dotación de servizos e a súa posible explotación.

A Sociedade tamén ten por obxecto a realización daquelas actividades de conservación e explotación do treito Alto de Santo Domingo-A52 (AG-53 e AG-54) da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense que se lle establezan regulamentariamente.

Forman parte do obxecto social as actividades dirixidas á explotación das áreas de servizo, centros de transporte e aparcadoiros e calquera outra actividade directa ou indirectamente relacionada coa súa conservación e explotación, sempre que se encontren dentro da área de influencia do treito Alto de Santo Domingo-A52 (AG-53 e AG-54) da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense, así como as actividades que sexan complementarias da construción, conservación e explotación deste.

Todas estas actividades poderán desenvolverse total ou parcialmente mediante a participación da dita sociedade pública, suxeita sempre á Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia ou calquera outra disposición que sexa aplicable polo seu carácter de sociedade mercantil pública autonómica en sociedades de obxecto idéntico ou análogo.

Nas súas actuacións haberá de respetar os principios de publicidade e concorrencia propios da contratación administrativa.

Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, SA (SPI Galicia, SA)
Avelino Pousa Antelo, nº 1, 2º - 15707 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Número de identificación fiscal: A-15595275
Política de privacidade e aviso legal

Logotipo Xunta de Galicia