Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (S.P.I. Galicia, S.A.)
Avelino Pousa Antelo, nº 1
15707 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlfn: 981 545 002
Fax: 981 545 095
A-15595275
O Parlamento de Galicia acordóu a constitución da Sociedade según a Disposición Adicional número 12
da lei de Presupostos Xerais da Comunidade Autónoma para 1997. Mediante o Decreto 56/1997, de 6 de marzo,
publicado no Diario Oficial de Galicia, de 20 de marzo de 1997, créase a Sociedade Pública de Investimentos de Galicia,
S.A. aprobándose os seus Estatutos e establécese un capital fundacional de 3,005 millóns de euros totalmente suscrito
e desembolsado pola Comunidade Autónoma de Galicia. O 31 de marzo de 1997 mediante otorgamento de escritura pública
ante D. Manuel Julio Reigada Montoto, Notario do Ilustre Colexio de Galicia, constitúese a Sociedade
ó amparo do disposto no artigo 14.2º da Lei que rixe esta clase de Sociedades,
como unha Sociedade Anónima Unipersoal. A Sociedade está inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña,
Tomo 1.896, Sección Xeral, Folio 62, Folla número C-17.823, Inscrición primeira.
O obxecto da Sociedade é proxectar, construir, conservar e explotar, por ela mesma,
por terceiras persoas ou en calidade de concesionaria, actuando por encargo do Consello da Xunta,
en nome propio ou por conta e mandato da Xunta de Galicia, segundo os termos dos encargos
e os mandatos de actuacións, toda clase de infraestructuras que a Xunta promova ou participe,
e tamén os servizos que se poidan instalar ou desenvolver en ditas infraestructuras.
A súa actividade comprende tamén, previa autorización do Consello da Xunta,
a promoción e execución de actividades urbanísticas e inmobiliarias,
adquisición e enaxenación de toda clase de bens inmobles, xestión e realización das obras e dotación de servizos
e a súa posible explotación. Todas estas actividades poderán desenvolverse total ou
parcialmente mediante a participación da dita Sociedade Pública, suxeita sempre á Lei de Patrimonio
da Xunta de Galicia ou calquera outra disposición que sexa aplicable polo carácter de empresa pública
da Sociedade en sociedades de obxecto idéntico ou análogo.
Nas súas actuacións haberá de respetar os principios de publicidade e concorrencia propios da contratación
administrativa.
Conforme ó establecido na Disposición Adicional décimo segunda dos Presupostos xerais da Comunidade
Autónoma de Galicia para 1997, as relacións entre a Xunta de Galicia e a Sociedade Pública regularanse
mediante un Convenio Marco que será aprobado polo Consello da Xunta por proposta da Consellería de Economía e Facenda,
no que se establecerán, entre outros, os extremos ós que deberá axustarse o Plan Económico Financeiro
que deberá ser aprobado como instrumento básico de regulamentación das relacións específicas derivadas
dos encargos da Xunta de Galicia á Sociedade. Na súa virtude o 2 de maio de 1997 apróbase
o citado Convenio Marco así como os presupostos de explotación e de capital iniciais da Sociedade.
Posteriormente, o 24 de xullo de 2002, tamén o Consello da Xunta, aproba o Convenio Marco vixente na actualidade.
Esta Sociedade rexerase polo que dispoñan os seus Estatutos e o que en relación
a este tipo de sociedades establecen:
- Decreto 56/1997 de 6 de marzo, ó amparo da disposición adicional décimo segunda
da lei 11/1996, de 30 de decembro de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997,
por o que se constitúe como Sociedade Anónima a Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.,
o 31 de marzo de 1997, cun capital fundacional subscrito e desembolsado íntegramente
pola Comunidade Atónoma.
- A Lei de Sociedades Anónimas, Texto Refundido aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1564/1989,
de 22 de decembro.
- A Lei 3/1985, de 12 de abril, de Patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia
e o seu Regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, de 9 de marzo.
- Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Réxime Financeiro e Orzamentario de Galicia
- O Convenio Marco entre a Xunta de Galicia e S.P.I. Galicia, S.A.
aprobado polo Consello da Xunta, a proposta da Consellería de Economía e Facenda,
o 24 de xullo de 2002.